Presentación

Quen somos
Os nosos valores
Outras empresas

Historia

Inicios
Comunidade de bens
Hermanos Gandón SA

Contacto

Dirección

Arrecife 9, 36940

Cangas de Morrazo

Pontevedra, España

Teléfono

+34 986 392 020

Fax:

+34 986 392 626

Email

oficina@hermanosgandon.com

Hermanos Gandón Menduíña Comunidade de Bienes

A partires de 1980 toman as rendas da empresa os catro fillos varóns de don Wenceslao: Wenceslao, Avelino, Manuel e José Antonio Gandón Menduíña, póndose á fronte de todos eles Manuel, e pasando a denominarse a empresa Hermanos Gandón Menduíña Comunidad de Bienes.

Dos catro irmáns, tanto Wenceslao coma Manuel, ao igual que anteriormente o seu pai, tiñan comezado no mundo da pesca dende moi xóvenes, 8 anos o primeiro e 14 anos o segundo. Tamén, ao igual co seu pai, ambos chegaron a ser patróns de pesca.

En 1982 constrúese unha gran nave en Aldán adicada a gardar os pertrechos dos buques e a albelgar as oficinas da compañía.

Ese mesmo ano cómprase o buque Playa de Mourisca, o cal se adica inicialmente á pesca en Namibia. Dito buque sería desguazado en 1994 debido a que daquela contaba xa con 29 anos e tiña bastantes achaques.

A mediados de 1984 cómprase o buque Punta Robaleira.

A finais de 1986 a nosa empresa xunto con outra de similares características, deciden afrontar a construcción dun almacén frigorífico. Dúas razóns fundamentais levaron a tomar esta iniciativa: Por unha banda tratar de solventar os problemas que daquela ambas tiñan de espacio en cámaras frigoríficas, e doutra banda aproveitar ditas deficiencias para a creación dun negocio con mercado. Así se funda Frigoríficos del Morrazo en 1986, do cal a nosa empresa posúe o 50%.

A finais de 1987 un dos irmáns, Wenceslao, sepárase da empresa levando consigo o buque Ría de Aldán. Iníciase así unha nova etapa na nosa empresa.

Pode atopar información máis polo miudo sobor das embarcacions mencionadas na nosa sección de buques.

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para analizar a súa navegación e ofrecerlle un servizo máis personalizado acorde o séus intereses. Se continúa a navegarconsideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información