Presentación
Historia
Contacto
Dirección
Salgueirón 9, 36940
Cangas de Morrazo
Pontevedra, España
Teléfono
+34 986 392 020
Fax:
+34 986 392 626
oficina@hermanosgandon.com
Quenes somos
Hermanos Gandón S.A. é unha empresa armadora de buques de pesca cun marcado carácter familiar.
As nosas oficinas están situadas na vila de longa tradición mariñeira de Cangas, localidade que se atopa, a súa vez, na Ría de Vigo, a tan só un par de millas náuticas do seu porto pesqueiro, o máis importante de toda Europa.
Actualmente a nosa frota pesqueira está formada por 4 buques conxeladores:
- Ana Gandón ( 58 m - 963 GT - Ano 2001 )
- Aldán ( 54 m - 606 GT - Año 1989 )
- Esperanza Menduíña ( 77 m - 1866 GT - Ano 1988 )
- Hermanos Gandón Cuatro ( 63 m - 1210 GT - Ano 1988 )
Os catro buques dispoñen de cuotas no caladoiro de NAFO (O Canadá).
O Esperanza Menduíña e o Hermanos Gandón Cuatro dispoñen tamén de cuotas no caladoiro de Irminger e Groenlandia (parte este) para a captura de cabra e en augas de NEAFC para a captura de lirio. Estes buques alguns anos dispoñen tamén de cuotas de lirio en augas de Islas Feroe, Noruega, Jan Mayer e Svalbard.
Toda a nosa frota dirixe tamén a súa actividade ao caladoiro de Hatton Bank a especies profundas: talismán, rato, pau, sabre…
Así mesmo o buque Hermanos Gandón Cuatro dispón de cuotas de camarón boreal en NAFO e ademáis alguns anos diríxese a capturarlo ao caladoiro de Svalvard.
Por tanto o resume das nosas principales capturas por caladoiros é:
- NAFO (4 a 6 veces ao ano): fletán negro, rato, bertorellas brancas e vermellas, cabra, paltuxa americana... No cal acostumamos facer cos nosos catro buques un total duns 200 días ao ano.
- Hatton Bank (4 a 6 veces ao ano) : Talismán, Ratos, Peixe Pau, Gata, Casón, Sabre...
- Irminger e Groenlandia: Galineta oceánica.
- Islas Feroe, Noruega, Jan Mayer e Svalbard (2 a 4 veces ao ano según disponibilidade de cuotas): Lirio.
- NEAFC: Lirio.
- NAFO (Según disponibilidade de cuotas): Camarón boreal.
- Svalvard (Según disponibilidade de cuotas): Camarón boreal.
Pode atopar información máis polo miúdo sobor especies, embalaxes e tipos de procesado na nosa sección de produtos.
Hermanos Gandón SA