Presentación
Historia
Contacto
Dirección
Salgueirón 9, 36940
Cangas de Morrazo
Pontevedra, España
Teléfono
+34 986 392 020
Fax:
+34 986 392 626
oficina@hermanosgandon.com
Inicios

Todo comezou en Aldán en 1914, ano no que don Wenceslao Gandón Casal veu ao mundo nunha familia con tradición mariñeira, xa que o seu pai, Avelino Gandón Juncal, era un pequeno armador da época con duas trainerucas (a Delfina e a Santa Mariña) e un pequeno barco a vapor (o Manolo Gandón).
Don Wesceslao casou no ano 1936 con dona Esperanza Menduíña Gutiérrez e ese mesmo ano pasou a gobernar a Santa Mariña.
No ano 1937 foi chamado a filas e tras un percance cun superior pasa bastante tempo baixo arresto. É no calabozo onde aprende a ler e escribir, así como aritmética, gracias a un mestre que compartía a súa mesma situación.
Unha vez rematado o servicio militar, don Wenceslao regresa no ano 1939. Faenando nas embarcacións do seu paidemostra ser un dos mellores patróns da zona. Alternando tempadas no mar e tempadas en terra, en torno a 1941 acada o título de patrón de pesca.
Despois de traballar en diversas armadoras e de anos de aforro, inicia a súa primeira andadura como armador no ano 1945, asociándose co señor Pérez Pan para consruir o Wenceslao. Esta sociedade dura pouco tempo e o señor Pérez Pan quédase co barco e don Wenceslao cos pertrechos.
Non é ata o 1951 cando don Wenceslao pon as súas ilusións en práctica coa construcción do seu propio buque. A botadura do Morocha supuso a orixe da nosa compañía. Era un cerqueiro de madeira, con 19 metros de eslora e unha caldeira de vapor (anque conservaba unha vela), que se adicuo á pesca de sardiña e bonito. Con toda seguridade ningún deles, nin don Wenceslao nin o Morocha, pensaron que aquel era o comezo dunha gran compañía, pero así foi.
Nos anos seguintes, a empresa afronta a construcción de 3 novos buques
- En 19?? constrúese o Gandón Menduíña, adicado á pesca en Grand Sole ata a súa venda en 1981.
- En 1970 constrúese o Ría de Aldán tamén adicado á pesca en Grand Sole.
- En 1973 constrúese o Ana María Gandón, que se convirte no primeiro buque conxelador da compañía.
A partir de 1974, don Wenceslao deixa de faenar e adícase a dirixir a empresa dende terra, ata que finalmente pasa o relevo aos seus fillos en 1980.
Pode atopar información máis polo miudo sobor das embarcaciones mencionadas na nosa sección de buques.
Hermanos Gandón SA